Asamblea Xeral da Asociación Veciñal As Marías

unnamed

Gústanos VIVIR NO NOSO BARRIO e cremos que comprometernos na súa mellora significa apostar por nós mesmas e nós mesmos, apostar polo presente e tamén polo futuro. Queremos MEDRAR e para iso precisamos da túa participación, das túas ideas, das túas queixas ou reclamacións e tamén do teu traballo.

Gustaríanos que viñeras á Asamblea Xeral da Asociación Veciñal As Marías que non é máis que unha posta en común do traballo desenvolvido e a primeira pedra do que queremos facer.

DATA: mércores 8 de xullo
HORA: 21 h
LUGAR: Praza da Rua de Baixo ou Centro Social O Pichel (caso chovese)
FALAREMOS DE:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Información da directiva.
3. Incorporación de novos/as membros.
4. Balance económico 2014.
5. Actividades a realizar no 2014-2015; programación.
6. Iniciativas a presentar no Concello para mellorar o barrio.
7. Renovación da directiva.
8. Rolda aberta de intervencións.

Esta entrada fue publicada en Novas. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.