Bo día veciñanza,
como xa puidestes constatar polos correos electrónicos As Marías temos as pilas ben cargadiñas e non paramos de facer actividades.
Na Avda. de Salamanca hai anos celebraban a festividade do Carme e non queremos perder unha ocasión coma esta para vernos as caras, para falar, comer, beber e danzar.
Hora: a partires das 20:00 h
Lugar: zona de aparcamento ao final da Avda. da Salamanca
Haberá música tradicional, churrasco, cachelos e verduriñas… non o perdades
Agardámosvos!