Modificación da ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións de vía pública

reunionjpgA primeira semana de maio asistimos a unha xuntanza na que representantes do Concello presentaron unha proposta de modificación desta ordenanza, agardando que, pola nosa banda fagamos as achegas que consideremos oportunas.
A problemática dos vados (moitos deles en situación irregular) ocupou parte importante do debate. A pretensión do Concello é a modificación das actuais taxas atendendo a factore
s que ata o de agora non eran tidos en conta: superficie do garaxe e non só da entrada ou distrito ao que pertence o inmoble.
Por parte das asociacións escoitáronse algunhas propostas:
– Especificar na sinalización de vados se son laborais (coa indicación de horario) ou se son permanentes.
– Que a través dun colante se identifique se son legais e están ao día no pago.
– Deixar as entradas dos garaxes en formigón en lugar do uso de valdosa.
– Dado que na zona afectada polo plan especial hai poucos garaxes que non se vexan perxudicados nun incremento das taxas dada a súa función “casi social”.
…….
A NÓS GUSTARÍANOS COÑECER AS TÚAS PROPOSTAS polo que agardamos os teus comentarios a través do Facebook ou ben a través do correo electrónico da Asociación: a.vv.asmarias@gmail.com

Esta entrada fue publicada en Novas. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.