Obradoiro de comida vexetariana

A A.VV. As Marías comeza un ciclo de actividades que agardamos sexan de moito interese para toda a veciñanza. Dende logo, este obradoiro de comida vexetariana superou todas as nosas expectativas de público e a cociña do C.S. O Pichel (a quen agradecemos sempre a súa colaboración e predisposición a colaborar coa nosa Asociación) era un ir e vir de homes e mulleres preocupados pola súa alimentación e  con moitas, moitas ganas de aprender. A nosa mestra de cerimonias foi Adriana, unha veciña convencida coa opción vexetariana e foi quen de demostrarnos que na nosa cociña ademais de carne ou peixe hai moitas e ben saborosas posibilidades.

O vindeiro obradoiro que faremos, ou así o temos pensado, será o de “costura de primeiros auxilios” ou como subir un fondo de pantalón, amañar unha cremalleira ou estreitar unha prenda. Agardamos que vos guste.

Esta entrada fue publicada en Actividades, Novas. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.