Seguindo coa tradición, a Asociación Veciñal As Marías convocou a toda a veciñanza e achegados á sardiñada popular do barrio polo San Xoán o pasado día 22 de xuño. De novo se superaron as expectativas e houbo gran afluencia de xente disposta a facer o sacrificio de comer e beber de balde (¡que xente tan boa!)
Houbo sardiñas, pan de broa, chourizos ao viño e incluso menú vexetariano, ademáis de música e baile na rúa de Santa Clara. A festa cada día se internacionaliza máis, e este ano veu unha representación de Xapón a comprobar a boa calidade do peixe galego.
¿Qué nos deparará o ano que ven?
1 respuesta a Sardiñada 2012