Achegámosvos o programa que agardamos sexa do gusto de toda a xente do barrio pois con esa intención a Comisión de Festas leva a traballar meses.
Haberá actividades colaborativas, onde todas e todos podemos botar unha mao como no obradoiro de guirnaldas, actividades para facer ricas recetas nas festas, cousas para peques e para grandes, mercado ecolóxico, música e felicidade.
Se tedes tempo libre depois de engalanar as vosas casas e preparar a comidiña para o dia grande, PEDIMOS COLABORACIÓN para decorar a rua, ir de cabezud@s, servir algunha caña na barra, montar, desmontar… Se podes e queres escríbenos un mail de volta e indicarémoste como e onde hai que apuntarse.
Gracinhas e felices festas!