

Este ano numa versom reduzida mas com o mesmo espírito de sempre.
Som muitos anos organizando estas festas e às vezes há que parar um pouco, recolher-se e procurar novos folgos. Aguardamos que para o ano que vem mais vizinhas e vizinhos se acheguem a esta comissom e a esta associaçom para fazer juntas uma festa de todas e para todas.
Este é o programa para o único dia da festa, o sábado 7 de setembro:
* Haverá bebidas da mam da Gentalha Do Pichel
** Podedes traer a vossa comida e também haverá comida para comprar graças ao Cafe Bar 13.
(sim, o desenho do cartaz é o mesmo que usamos o primeiro ano que recuperamos as festas da rua 🙂)

Este paseo sonoro está deseñado para que o descargues e o fagas cando queiras pola Rúa de Baixo. Para facelo conxuntamente quedamos este mércores 5 de setembro ás 19.30h diante da Gentalha do Pichel.
Foi creado pola Asociación Veciñal das Marías. Co guión e a locución de Adriana P.Villanueva e a intervención de Julia Villaverde, Maruja Cea, Ricardo Villaverde, Mari Iglesias, Sagrario Pena, Xesús Ron, Fátima Rodríguez, Tristán Ron, Esther Hervés e Natalia Veiga. Agradecémoslle inmensamente a música a Oîma por deleitarnos co Círculo da Preguiza e a Jota do Galo. Os efectos sonoros foron descargados en Freesound. Este audio ten unha licenza creative commons que permite compartilo baixo a mesma licenza sen lucro.
Descárgao desde a seguinte enlace: Paseo sonoro