O día 19 de decembro tivo lugar a inauguración oficial das obras de mellora e humanización da rúa do Espíritu Santo á que asistiron a Corporación Municial casi en pleno, veciños e veciñas do barrio e representantes da Asociación Veciñal.
Aproveitamos esta ocasión para agradecer ás entidades implicadas, á empresa e aos arquitectos o esforzo realizado pero tamén para lembrarlles os defectos desta reforma recén inaugurada: o adoquinado, os bolardos, o enlousado que se move, etc. Tamén quixemos poñer de manifesto que humanizar os barrios non implica sempre facer investimentos desa magnitude porque a humanización é tamén é a aposta polos valores humanos, naturais ou arquitectónicos. Humanizar tamén é regular o tráfico para que a xente poida atravesar sen medo a ser atropelada, é facilitar á veciñanza a separación de lixo colocando colectores, é facer desaparecer as barreis arquitectónicas, en definitiva, humanizar é facer que o barrio atenda ás necesidades das persoas e non a adaptación das persoas ás limitacións do barrio.
Recordar a todos tamén que a asociación solicitou e se lle concedeu unha praza de estacionamento para persoas con movilidade reducida, e que xa está marcada cun sinal na praza de Ultreia.