A primeira semana de maio asistimos a unha xuntanza na que representantes do Concello presentaron unha proposta de modificación desta ordenanza, agardando que, pola nosa banda fagamos as achegas que consideremos oportunas.
A problemática dos vados (moitos deles en situación irregular) ocupou parte importante do debate. A pretensión do Concello é a modificación das actuais taxas atendendo a factore
s que ata o de agora non eran tidos en conta: superficie do garaxe e non só da entrada ou distrito ao que pertence o inmoble.
Por parte das asociacións escoitáronse algunhas propostas:
– Especificar na sinalización de vados se son laborais (coa indicación de horario) ou se son permanentes.
– Que a través dun colante se identifique se son legais e están ao día no pago.
– Deixar as entradas dos garaxes en formigón en lugar do uso de valdosa.
– Dado que na zona afectada polo plan especial hai poucos garaxes que non se vexan perxudicados nun incremento das taxas dada a súa función “casi social”.
…….
A NÓS GUSTARÍANOS COÑECER AS TÚAS PROPOSTAS polo que agardamos os teus comentarios a través do Facebook ou ben a través do correo electrónico da Asociación: a.vv.asmarias@gmail.com
Procurar
diciembre 2024 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Novas da Gentalha
- Apalpadores de varanda já à venda! noviembre 25, 2024
- Feirom de inverno da Semente noviembre 25, 2024
- Concerto de Moduladores noviembre 25, 2024
- clube de leitura da lusofonia noviembre 21, 2024
- ato nacional pola língua noviembre 15, 2024