Veciñanza! Estamos de festas!

Achegámosvos o programa que agardamos sexa do gusto de toda a xente do barrio pois con esa intención a Comisión de Festas leva a traballar meses.

Haberá actividades colaborativas, onde todas e todos podemos botar unha mao como no obradoiro de guirnaldas, actividades para facer ricas recetas nas festas, cousas para peques e para grandes, mercado ecolóxico, música e felicidade.

Se tedes tempo libre depois de engalanar as vosas casas e preparar a comidiña para o dia grande, PEDIMOS COLABORACIÓN para decorar a rua, ir de cabezud@s, servir algunha caña na barra, montar, desmontar… Se podes e queres escríbenos un mail de volta e indicarémoste como e onde hai que apuntarse.

Gracinhas e felices festas!

Graphic1

Publicado en Novas | Deja un comentario

Asamblea Xeral da Asociación Veciñal As Marías

unnamed

Gústanos VIVIR NO NOSO BARRIO e cremos que comprometernos na súa mellora significa apostar por nós mesmas e nós mesmos, apostar polo presente e tamén polo futuro. Queremos MEDRAR e para iso precisamos da túa participación, das túas ideas, das túas queixas ou reclamacións e tamén do teu traballo.

Gustaríanos que viñeras á Asamblea Xeral da Asociación Veciñal As Marías que non é máis que unha posta en común do traballo desenvolvido e a primeira pedra do que queremos facer.

DATA: mércores 8 de xullo
HORA: 21 h
LUGAR: Praza da Rua de Baixo ou Centro Social O Pichel (caso chovese)
FALAREMOS DE:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Información da directiva.
3. Incorporación de novos/as membros.
4. Balance económico 2014.
5. Actividades a realizar no 2014-2015; programación.
6. Iniciativas a presentar no Concello para mellorar o barrio.
7. Renovación da directiva.
8. Rolda aberta de intervencións.

Publicado en Novas | Deja un comentario

Reunión vezinhal

No 28 de Maio às 20h na fonte da rua de Baixo vamos empezar a sumar ideas e ganas para montar as festas de Setembro.

Precisamos de cabezas para pensar e mans para facer. Se tes vontade de termos umha festa afamada e bonita como a dos anos anteriores ou tes novas ideas para superar-nos, nom duvides em achegar-te!

unnamed
Publicado en Novas | Deja un comentario

Queremos a vosa opinión

IMG_20150505_161940

Desde a asociación queremos saber a opiniom de todas as persoas que vivimos pola zona de Sta. Clara, Basquinhos, Rua de Abaixo, Ultreia, Coimbra, Salamanca e Oviedo sobre que incidencias encontramos ao transitar polas estradas ou paseos, que botamos em falta (colectores de lixo, prantas, bancos…) ou que problemas existem no dia a dia que nos impidem umha vida totalmente cómoda.
Para isto encontraredes folhas onde escribir a vosa opiniom nos seguintes establecementos:

* Na zona da Estila/ Salamanca: bar Nasa, Farmacia, papeleria Mary e autoservizo Estila.
* Na zona de Sta Clara: Antonio peluqueros, bar 13 e bar O Campiño.
* Rua de Abaixo/Ultreia: Froiz.
* Na zona dos Basquinhos: bar Leis e copistería T44.
*Na zona de Pastoriza: na farmácia e no estanco.

Grazas a tod@s por colaborar!

Publicado en Novas | Deja un comentario

Como fazermos o noso xabrón co aceite usado

Graphic7

Publicado en Novas | Deja un comentario

Reunión veciñal

Graphic4

Publicado en Novas | Deja un comentario

Magusto do bairro

O magosto en imaxes

Podedes ver máis imaxes aquí

magusto

Publicado en Novas | Deja un comentario

Adeus as festas

_MG_7644_resize
Cada ano máis veciñas e veciños se suman a esta tradicional celebración compostelá. Sentímonos orgullos@s de traballar por un barrio participativo, humano, solidario e diverso.
Destas festas quedámonos, coas caras de disfrute da xente bailando; con que Eva e Camilo sexan un clásico e eles síntanse da familia e da casa. Tamén nos quedamos co montón de nenos que vimos rebulir por alí, os futuros festeiros da rúa.
A todos e a todas, ¡Noraboa por facer barrio!

Galería de fotos das festas
Videos das festas

Publicado en Novas | Deja un comentario

Programa da Banda Municipal de Santiago para as Festas da Rúa

programa banda de música

Publicado en Novas | Deja un comentario

Xa están aquí as festas!!

cartaz (1)

Publicado en Novas | Deja un comentario