Radiomarías: As Marías súbense ás ondas da Kalimera

No ano 2007 un grupo de veciñas e veciños do barrio das Marías decidimos xuntarnos coa inquedanza de constituírnos en asociación veciñal. Non era un proxecto doado, pero fíxose un importante esforzo para conseguir a participación da nosa veciñanza na vida pública.
A día de hoxe as festas da Rúa de Abaixo, a publicación d’A Voz de Abaixo ou as diferentes actividades programadas xa son parte da vida cotiá do barrio.

radiomarias

Gústanos vivir no noso barrio e cremos que comprometernos na súa mellora significa apostar por nós mesmas e nós mesmos, apostar polo presente e tamén polo futuro. Por iso iniciamos esta aventura nas ondas, como non podía ser doutro xeito, chega Radiomarías á Kalimera.

Se queredes participar no programa compartindo este estudio radiofónico con nós ou achegándonos contos, cantos, historias e chismes podedes escribirnos a a.vv.asmarias@gmail.com

Esta entrada fue publicada en Novas. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.