Receita das bolachas de manteiga e vainilla

A petición dos asistentes o taller, publicamos a recita das bolachas:

Ingredientes:

bolachas200 gramos de manteiga a temperatura ambiente
150 g de azucre
1 ovo
1 cullerada de aroma de vainilla
350 g de fariña

Elaboración:
O primeiro que facemos é poñer o forno a prequecer a 180º.
Nunha cunca mesturamos a manteiga xunto co azucre, podemos axudarnos dunhas varas eléctricas, si non temos facémolo cunhas manuais, bateremos ata que consigamos unha crema lisa. Engadimos o ovo e o aroma de vainilla e seguimos batendo.
Botámoslle a fariña a mezcla anterior ata que este ben ligado, teremos que amasar para que todos os ingredientes queden ben unidos.
Extendemos a masa nunha superficie de traballo, dándolle un grosor máximo de medio centímetro.
Cuns cortadores de bolachas facémoslle a forma que queiramos, tamén podemos usar unha cunca pequena ou similar.
Poñemos as bolachas na bandexa do forno forrada con papel de enfornar ou sobre unha lámina de silicona ou “silpat”. Enfornaremos a 180º con calor arriba e abaixo entre 10-12 minutos, vixiaremos para que non se nos poxan moi “morenas”.
Unha vez fora do forno deixaremolas enfriar para podelas decorar.

Adxuntamos tamén fotos da sesión de cinema na rúa:

 

 

Esta entrada fue publicada en Novas. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.