As Asociacións Veciñais Compostelás acudimos no día de onte a unha xuntanza coa Concelleira de Facenda, María Rozas, na que presentou os proxectos que se executarán cos remanentes de 2015. Iso significa atender a proxectos demandados pola veciñanza entre os que se atopa a reparación da calzada da deteriorada Avda. de Coimbra. A obra prevése estará rematada antes de finais de ano e que implicará un investimento de 60.434,24 €. Agardamos con ansia que por fin se solventen os graves problemas de firme acentuados pola desviación do tránsito causada polas obras dos Basquiños.
