Un ano máis a Asociación Veciñal As Marías convocou a toda a veciñanza e achegados á sardiñada popular do barrio polo San Xoán (un pouco pasado xa que este ano caeu o 30 de xuño).
Prometéronse sardiñas, pan de broa, os famosos chourizos ao viño (tamén viño só para o que teña problemas co porco), música e baile. E todo isto na rúa de Santa Clara.
A vaca pasada, aos efectos de poñerlles os dentes longos a tod@s aqueles que non puideron asistir, comentarlles que as expectativas dos asistentes a este evento víronse ampliamente superadas pola calidade e cantidade das sardiñas, os chourizos, a bebida e a música. Tivemos que aplicarnos duramente e convidar a canto paseante despistado se achegou por alí para poder dar conta de todas as provisións (sólidas, líquidas e incluso gaseosas) ofrecidas pola organización.
Así como a organización non defraudou coa sardiñada, os asistentes tampouco o fixeron, de alí non marchou ninguén ata que se esgotaron todas as existencias (e máis que houbera), ¡Mágoa que este ano o San Xoan caeu o xoves 30 de xuño e ao día seguinte tíñamos que traballar!
Xa está a xurdir un movemento no barrio que solicita, incluso reclama, unha sardiñada á semana.