Celebramos na rúa de Salamanca a Festa do Carme, para comer, bailar e falar na tarde-noite do 16 de xullo. Despois de un comenzo titubeante, a xente animouse co churrasco (moi ben asado), os cachelos (moi ben cocidos), o revolto vexetal (moi ben condimentado), e non quedou resto ningún de comida. Cos estómagos cheos comezaron os bailes e a verdadeira diversión.
Agardamos que para anos vindeiros se anime máis a xente do barrio que foron os grandes ausentes da festa. O balanzo final, como non podia ser doutro xeito, foi moi positivo.
Podedes ver os videos da celebración