Que Festaza!


É o mellor xeito de resumir unha programación que arrancou co Obradoiro de Guirnaldas  e que foi subindo de ritmo ata o Almorzo-vermú do domingo, un precioso albaroque co que rematamos esta intensa semana.
Gústanos traballar para que cada edición das Festas da Rúa de Abaixo supere á anterior e, na procura deste obxectivo, puxemos toda a ilusión e as ganas e, despois de todo o traballo, gozamos deste marabilloso resultado: sentimos fachenda ao vermos a nosa rúa engalanada e festexeira, ledicia observar que as crianzas non dan abasto ao querer estar en todo e nada nos estimulou máis que as nosas amizades, familiares e veciñanza botándolle un pe ou tomándolle algo no Bar da Comisión.
Parabéns a tod@s por estas festas e lembrade que tedes casi un ano para coller novos folgos!

Galería de fotos das festas
Videos das festas

 

Esta entrada fue publicada en Novas. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Que Festaza!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.